polacodabarreirinha

Poesia, música, gracinhas e traquinagens

terça-feira, junho 17, 2008




É sexta-feira, pessoal.
Lá no Bar Kapelle, Rua Saldanha Marinho,670

1 Comentários:

Às 18 junho, 2008 , Anonymous Anônimo disse...

que mané japones o quê!!!!

Almada é nascido e criado no antigo enclave portugues na asia de Macau.

segue etxto em macaues:


¿Onde está Macau?

Cando os portugueses desembarcaron por primeira vez nesta península, hai 486 anos, é dicir, en 1513, preguntáronlles aos indíxenas chineses que habitaban nestas terras como se chamaba o lugar. As lóxicas dificultades de comunicación foron as causantes de que os nativos entendesen que os forasteiros preguntaban onde estaba o templo budista do lugar, e respondéronlles que “makao”, isto é, “o templo”, estaba alí. Os portugueses entenderon que aquelas terras se chamaban “Macau” e dende aquela así as denominaron, cando, en realidade, en chinés chámase “Aomen”, ou o que é o mesmo “o porto para que os barcos fagan escala”.

Se ollamos un mapa da China, podemos observar que Macau está no delta do río Perla, no sur da China, a uns 60 quilómetros de Hong Kong. A súa localización xeográfica sitúase entre os 22º 14’ de latitude Norte e os 113º 35’ de lonxitude Leste. Macau é unha península cunha extensión de 7,49 km² e dúas illas periféricas: Yishuizi (Taipa), de 5,79 km², e Luhuan (Coloane), de 7,81 km². A zona peninsular comunícase coa primeira das illas por medio de dúas pontes, unha de 2,5 km e outra de 4,5 km. Á súa vez, a illa de Yishuizi está unida coa de Luhuan por unha terceira ponte de 2,2 km. Toda a área de Macau enlaza con China a través de Hongbei, Zhuhai, onde se atopa a “zona económica especial” de Zhuhai, Guangdong.

Na actualidade, Macau conta con preto de catro centos mil habitantes, dos que a inmensa maioría son chineses do sur de Guangdong e só un 5% portugueses e outros estranxeiros. A poboación concéntrase na península e as dúas illas están escasamente habitadas. As linguas oficiais son o portugués e o chinés mandarín, aínda que a maioría da poboación exprésase no dialecto cantonés. É un auténtico mosaico lingüístico: a xente entende inglés, portugués, chinés mandarín e cantonés, e emprega cada un destes catro idiomas dependendo das circunstancias. As catro linguas lograron convivir durante moitos anos.

 

Postar um comentário

Assinar Postar comentários [Atom]

<< Página inicial